Avante Merdeiros

Sae a rúa co Merdeiro no casco vello no entroido de Vigo

Posted on Posted in Artigos e Noticias, Eventos
O Merdeiro Casco Vello Vigo carouta
Entroido 2017 Casco Vello Vigo – O sábado 18 Febreiro – 17:30 – Local da AVC Casco Vello  – 4 a 12 anos

O merdeiro Decidiu realizar unha saída cos máis miúdos no entroido.

A actividade é aberta para crianzas entre os 4 e os 12 anos e consistirá no seguinte:

Explicación breve sobre a figura do merdeiro

Elaboración dunha máscara de papel

Saída merdeira e chocolatada.

A actividade comezará ás 17:30 no local da AVC Casco Vello (R/Cánovas del Castillo 2 baixo)
Para participar é preciso anotarse no correo da Merdeira: merdeira(arroba)gmail.com
Ou non telefone da AVC Caso Vello (650 428 095)
Reserva a túa praza antes do mércores 15 de febreiro.

@s nen@s terán que traer roupa branca (camisa/pantalón) así como estar acompañadas dun adulto no momento da saída.

Seguindo a senda comezada fai anos de restablecemento da figura tradicional do entroido Vigués, O merdeiro; dende a asociación Etnográfica A Merdeira, propoñemos unha saída á rúa dos máis cativos da casa para este entroido.  Unha boa maneira de coñecer, participar e vivir en primeira persoa o entroido tradicional de Vigo.

3 thoughts on “Sae a rúa co Merdeiro no casco vello no entroido de Vigo

    1. Bo día Almudena,
      Fíxate que esta nova é da merdeirada cativa de 2017.
      A información da merdeirada cativa 2019 está na páxina máis recente do noso blogue:
      http://www.omerdeiro.org/2019/02/01/merdeirada-cativa-2019-no-casco-vello/
      De todos xeitos a merdeirada deste ano no casco vello está completa.
      Recoméndote asistir a algunha das que facemos nos outros barrios de Vigo entre hoxe e mañá.
      Tes toda a información na páxina da merdeirada deste ano que citei máis arriba.
      Grazas polo teu interés e non quedes sen praza!
      Convidamoste igualmente para asistir o día 16 ó casco vello as 18:00h na asociación de veciños para sair todos xuntos polo barrio. ( leva a carouta que farás nestes obradoiros e a ser posible que os nenos vistan de branco).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.