O merdeiro acudirá a V Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso

Posted on Posted in Artigos e Noticias, Eventos

V Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso


Un ano máis chega a Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
Xa na súa quinta edición o Merdeiro quere agradecer os seus organizadores e colaboradores:

  • Comisión Entroido 2019 de Viana do Bolo
  • Asociación Xuntos polo fulión de Vilariño de Conso
  • SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega)
  • Asociación de Mulleres Rurais de Viana do Bolo

que un ano máis conten con nós para saírmos polas rúas de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
Repetirase o formato do ano anterior, partindo o desfile de personaxes de Entroido o sábado 26 de xaneiro as 16:30 de Viana do Bolo, e o domingo 27 as 11:30 por Vilariño de Conso.
Para o Merdeiro será un pracer acompañar o resto de figuras de Entroido da península Ibérica.
Grazas tamén o público asistente un ano máis, pola paciencia aturando as merdeiradas dos nosos incorrixíbeis merdeiros que topedes no camiño.
Veña que vai!

AVANTE MERDEIROS!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.