III Xornadas do Entroido de Vigo

Posted on Posted in Artigos e Noticias, Eventos

III Xornada dos Entroido de Vigo os vindeiros días 17 e 18 de xaneiro de 2020.

A Asociación Etnográfica A Merdeira convida a todos ás III Xornadas do Entroido de Vigo que organizamos os vindeiros días 17 e 18 de xaneiro. Será na sede do Instituto Camôes no casco vello de Vigo. Nesta edición faremos un percorrido polos entroidos da Serra de San Mamede, A Limia e Lamego en Portugal.

O venres 17 teremos ás 20:00 horas unha charla sobre a evolución do Entroido na Serra de San Mamede e a figura dos Felos de Maceda. A charla será impartida por de Rita Blanco Fernández da Asociación Felos da Corga da Serra.

Continuaremos as xornadas o sábado 18 coa apertura da exposición ás 11:00 horas. Reanudaremos logo ás 18:00 horas cunha charla sobre o Entroido e a figuras das Pantallas de Xinzo de Limia. Ésta será a cargo dun representante da Asociación A Pantalla.

Pecharemos as xornadas con outra charla sobre os entrudos portugueses. Coñeceremos en detalle o Entrudo de Lazarim grazas a Tânia Valverde Borges, investigadora e veciña de Lamego (Portugal).

Coma en edicións anteriores, ademáis das charlas programadas tamén haberá unha exposición permanente sobre O Merdeiro e o Entroido de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.