O merdeiro na VI Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso

Posted on Posted in Artigos e Noticias, Eventos

A figura de o Merdeiro acudirá a VI Mascarada Ibérica que se celebrará os vindeiros 11 e 12 de xaneiro de 2020 nos concellos ourensáns de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

Un ano máis chega a Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Neste ano 2020 cumprirá a súa quinta edición e a figura do Merdeiro estará presente de novo. Dende a Asociación Etnográfica A Merdeira queremos agradecer o convite para participar aos seus organizadores e colaboradores:

  • Comisión Entroido 2020 de Viana do Bolo.
  • Asociación Robreda.
  • Asociación Xuntos polo fulión de Vilariño de Conso.
  • SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega).
  • Asociación de Mulleres Rurais de Viana do Bolo.
  • Concello de Vilariño de Conso.
  • Concello de Viana do Bolo.

Como en anos anteriores repetirase o formato e haberá desfile de personaxes do Entroido os sábado 11 de xaneiro as 16:30 nas rúas de Viana do Bolo, e o domingo 12 dende ás 11:30 polas rúas de Vilariño de Conso.

Para a figura do Merdeiro será un pracer acompañar ao resto de 50 figuras do Entroido da península Ibérica e internacionais que estarán presentes nesta edición da mascarada.

Agradecemos de antemán ao público asistente a súa paciencia para aturar as falcatruadas dos nosos incorrixíbeis merdeiros que se atoparán nas rúas das vilas de O Bolo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.