Sae a rúa co Merdeiro no casco Vello de Vigo O Sábado 8 Febreiro – 17:00 – Local da AVC Casco Vello – 3 a 12 anos

Posted on Posted in Sin categoría

Un ano máis dende a asociación etnográfica da merdeira queremos compartir a maxia do entroido con todos vós.
Como ven sendo habitual faremos un obradoiro de carautas e despois sairemos todos xuntos con O merdeiro polas prazas e rúas do Casco Vello.
Por mor do espazo dispoñible temos que limitar a 50 os participantes no obradoiro de carautas. (Informaremos os que queden na lista de agarda por correo electrónico).
Animamos a todos os que teñan a carauta na casa doutros anos a que se unan despois na saída polo barrio.
Os nenos terán que vir acompañados por un adulto e con roupa branca.

Cantos máis mellor! O merdeiro soña cunha marea de merdeiriños e escabiche polo barrio!

Anotate aquí:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.