VENRES 12 ESTREAMOS VIDEO!

Posted on Posted in Artigos e Noticias

VENRES 12 ESTREAMOS VÍDEO! Actualización, 2º avance

Actualización, segundo avance do vídeo:

Primeiro avance:

Este ano é especial para todo e para tod@s, e O Merdeiro non é diferente. Na nosa última asemblea pensamos alternativas para fomentar a cultura do Entroido tradicional, e máis en particular o noso benquerido Merdeiro.
Como este ano non podíamos acudir presencialmente o noso público máis fiel, @s cativ@s, con toda a programación previa ó Entroido:

  • Charlas nos centros escolares para dar a coñecer a figura de O Merdeiro
  • Obradoiros de carautas nas ludotecas municipais
  • Merdeirada Cativa, con saída pola rúa con O Merdeiro e chocolatada ao rematar
  • E tamén para os maiores, as nosas xornadas do Entroido

Decidimos facer chegar as escolas que no lo pidan, un vídeo sobre O Merdeiro máis unha unidade didáctica para que poidan traballar sobre o Entroido aínda se estarmos nós.

Este pequeno proxecto de vídeo didáctico, comenzou sendo unha toma de imaxes no salón da nosa casa,  pero como todas as grandes cousas, foi sumando moita xente pequena que rematou facendo algo moi grande.
O mellor de todo, é que cando dicíamos a finalidade do proxecto, promocionar o Entroido tradicional nas escolas, sentías que a xente ca que falabas implicábase máis e máis. Dunha sinxela chamada para pedir consello sobre formatos audiovisuais, remataba nunha colaboración total, elevando exponencialmente o discreto proxecto inicial que plantexamos.
Por iso tan só podemos decir:

GRAZAS

GRAZAS a todas as persoas que puxeron o seu gran de area para que este vídeo sexa posíbel. Este proxecto é a proba palpábel de que o voluntariado funciona. A autoxestión de moita xente pequena facendo grandes cousas está máis viva que nunca.

Pois pouco máis podemos dicir, máis que convidarvos a tod@s a desfrutar, o Venres 12 de Febreiro, do noso novo vídeo sobre O Merdeiro "Eu son O Merdeiro "

VENRES 12 ESTREAMOS VÍDEO!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.