Un ano máis dende a asociación etnográfica da merdeira queremos compartir a maxia do entroido con todos vós.
Como ven sendo habitual faremos un obradoiro de carautas e despois sairemos todos xuntos con O merdeiro polas prazas e rúas do Casco Vello.
Por mor do espazo dispoñible temos que limitar a 50 os participantes no obradoiro de carautas. (Informaremos os que queden na lista de agarda por correo electrónico).
Animamos a todos os que teñan a carauta na casa doutros anos a que se unan despois na saída polo barrio.
Os nenos terán que vir acompañados por un adulto e con roupa branca.
Cantos máis mellor! O merdeiro soña cunha marea de merdeiriños e escabiche polo barrio!
Xa enchemos o Obradoiro do Casco Vello!
Se non chegáchedes a tempo aínda tedes a oportunidade de anotarvos nos obradoiros que faremos en colaboración co Concello de Vigo nos seguintes centros:
- Ludoteca de Coia xuventude@vigo.org Teléfono: 986 242 737
- Ludoteca da Casa da Xuventude xuventude@vigo.org Teléfono: 986 294 806
- Mercado de Teis gerenciamercadoteis@hotmail.es Teléfono: 986 252 790 / 986 371 515
- Mercado do Calvario gerencia@mercadocalvario.com Teléfono: 986 252 682
- A. VV Novo Vigo info@avvnovovigo.org Móbil: 688 936 213
- A.C. Xeral Pizarro acexvigo@gmail.com Móbil: 653429750


















2 thoughts on “III Merdeirada Cativa (2019)”
Quiero anotar a meu fillo Víctor Da Silva Díez a la Merdeirada Cativa, tiene 5 años
Garzas
Un saúdo
Bo día Silvia,
Tes o formulario na nósa web:
omerdeiro.org/2019/02/01/merdeirada-cativa-2019-no-casco-vello/
Alí podes anotalo, pero as plazas son limitadas.
Apertas Merdeiras