IV Xornadas do Entroido de Vigo

Posted on Posted in Artigos e Noticias, Eventos

IV Xornadas dos Entroido de Vigo os vindeiros días 28 e 29 de xaneiro de 2022.

A Asociación Etnográfica A Merdeira organizamos as IV Xornadas do Entroido de Vigo o venres 28 e o sábado 29 de xaneiro na sede do Instituto Camôes na Praza de Almeida na zona vella de Vigo.

Estes encontros de caracter bianual organizámolos dende o ano 2016. Por eles xa pasaron figuras como As Pantallas de Xinzo da Limia, As Madamas e Galáns de Cobres, o Boteiro de Viana do Bolo, e máscaras portuguesas coma os Caretos de Lazarim.

Este ano contaremos coa participación dos entroidos de Ribadetea, Sande e Salceda de Caselas que nos achegarán as figuras das Perriñas e Mudados, As bonitas, o Oso e máis figuras de Sande (Cartelle) xunto o recentemente recuperado Rancho de Entroido do barrio da Feira.

Comezaremos o venres 28 de xaneiro ás 19:30 horas coa apertura de portas maila primeira charla impartida por Jonathan Zúñiga Puga, da AVC San Xurxo de Ribadetea, que achegará as figuras das Perriñas e Mudados, dúas personaxes do seu Entroido.

Continuaremos o sábado 29 ás 18:00 horas coa participación de Antón Cao Santamaría da AC As Bonitas de Sande que ofrecerá unha charla titualada: ‘O Entroido de Sande: Bonita, troulada e carallada antropolóxica‘.

Finalmente a partir das 19:00 horas chegará a quenda da intervención de Manuel Cabaleiro, Óscar Troncoso e Abel Pérez da AC A Feira falando sobre o Rancho e Entroido tradicional en Salceda de Caselas.

Coma en edicións anteriores, as xornadas contarán cunha pequena exposición fotográfica acompañada de vestimentas dos entroidos convidados coma tamén do propio Merdeiro, figura tradicional do Entroido vigués.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.