V Merdeirada Cativa (2022)

Posted on Posted in Artigos e Noticias, Eventos

Outro ano máis dende a Asociación Etnográfica A Merdeira queremos compartir a maxia do Entroido vigués cos máis cativos e crear no futuro unha canteira de merdeiros. Por iso organizamos a V Merdeirada Cativa o vindeiro domingo 20 de febreiro de 17:00 a 19:00 horas.

Nunha situación normal sen pandemia Covid faríamos un obradoiro de carautas e despois sairiamos todos xuntos cos merdeiros polas prazas e rúas da Zona Vella de Vigo. Por mor do Covid, en troques do obradoiro repartiremos as carautas xa elaboradas e sairemos pola rúa acompañados dos merdeiros:

  • Temos limitadas o números de carautas para facilitar, polo que todo o que queira unha terá que reservala no formulario indicado abaixo e agardar confirmación no seu correo electrónico os próximos días.
  • Os nenos que participen e reserven unha carauta terán que vir acompañados sempre por un adulto e vestidos con roupa branca.
  • O punto de encontro e entrega de carautas será o local da Asociación Veciñal Casco Vello na rúa Cánovas del Castillo nº2, baixo.
  • Agradecemos doazóns económicas á vontade coa Asociación Etnográfica A Merdeira para colaborar nos gastos destas actividades. Haberá un peto para quen queira facer a súa doazón.

Formulario para reserva de praza aquí:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.