A Asociación Etnográfica A Merdeira organizamos a VI Merdeirada Cativa o vindeiro domingo 11 de febreiro de 17:00 a 19:00 horas no que queremos compartir a maxia do Entroido vigués cos máis cativos e crear unha futura canteira de merdeiros/as. Este ano recuperamos o obradoiro de carautas e a saída cos merdeiros polas prazas e rúas da zona vella de Vigo.
PROGRAMA
- 17:00 horas – Obradoiro de carautas no local da Asociación Veciñal Casco Vello na rúa Cánovas del Castillo nº2, baixo. Os cativos terán que vir acompañados sempre por un adulto e vestidos con roupa branca.
- 18:00 horas – Saída de tódolos cativos cos merdeiros polas prazas e rúas da zona vella de Vigo.
CONDICIÓNS
- Hai 25 prazas dispoñibles para cativos de 3 a 6 anos.
- Hai 25 prazas dispoñibles para cativos de 7 a 12 anos.
- As reservas asignaranse por orde de inscrición no formulario indicado abaixo.
- Confirmaremos cada reserva cun correo electrónico nos próximos días.
Agradecemos doazóns económicas á vontade coa Asociación Etnográfica A Merdeira para colaborar nos gastos destas actividades. Haberá un peto para quen queira facer a súa doazón.
Formulario para reserva de praza aquí: