VII Merdeirada Cativa (2024)

Posted on Posted in Eventos

A Asociación Etnográfica A Merdeira organizamos a VII Merdeirada Cativa o vindeiro domingo 04 de febreiro de 17:00 a 19:00 horas no que queremos compartir a maxia do Entroido vigués cos máis cativos e crear unha futura canteira de merdeiros/as. Este ano repetimos o obradoiro de carautas e a saída cos merdeiros polas prazas e rúas da zona vella de Vigo.

PROGRAMA

  • 17:00 horas – Obradoiro de carautas no local da Asociación Veciñal Casco Vello na rúa Cánovas del Castillo nº2, baixo. Os cativos terán que vir acompañados sempre por un adulto e vestidos con roupa branca e un faxín ou bufanda de cores para poñer na barriga (cada quen a cor que máis lle guste!!).
  • 18:00 horas – Saída de tódolos cativos cos merdeiros polas prazas e rúas da zona vella de Vigo.

CONDICIÓNS

  • Hai 25 prazas dispoñibles para cativos de 3 a 6 anos.
  • Hai 25 prazas dispoñibles para cativos de 7 a 12 anos.
  • As reservas asignaránse por orde de inscrición no formulario indicado abaixo.
  • Confirmaremos cada reserva cun correo electrónico nos próximos días.

Agradecemos doazóns económicas á vontade coa Asociación Etnográfica A Merdeira para colaborar nos gastos destas actividades. Haberá un peto para quen queira facer a súa doazón.

As prazas xa están cubertas! recibiredes un correo confirmando a praza ou informando da entrada na lista de agarda.
Grazas polo voso interese no entroido tradicional Galego de O Berbés.

Formulario para reserva de praza aquí:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.